[...]polo momento creo que me vou adicar a currar a saco, a inventar, renovarme, pensar, crear; estou redescubrindo impulsos creativos e artísticos para co noso traballo. le a kantor (sen falta), a artaud, a piscator, a weiss; brecht, sen dubida, jouvet, meyerhold, vitez; revisa a arte segundo a ven os filósofos, shopenhauer, heidegger, wittgenstein, nietzsche; para iso non fai falta vir ata aquí, pero foi o meu camiño; cuestiona os teus principios, relacionate dunha forma distinta coas cousas, non te deixes levar polos estereotipos, construe as tuas propias imaxes, produce ideas, palabras, que rompan o sentido lóxico da linguaxe, crea, en definitiva, empezando por crearte cada día, coa singularidade que esixirías a un dos teus actores sobre o escenario (ou a ti mesmo)[...]
5 mars 2007
Inscription à :
Articles (Atom)
